25 ene 2014

FONEMA LL

Coidado en 5 anos! O luns 27 teremos unha abella na clase! E chega con ganas de picar!! Escoitade... /ll-ll-ll-ll-/

FONEMA M

Mmmmmm... o luns 27 comezamos co alumnado de 4 anos saboreando este fonema... o fonema /m/

FONEMA O

O luns 27 traballaremos nas clases de 3 anos o fonema /O/. Atentos!... Papá Noel anda por aquí!

FONEMA D

En 5 anos, comezamos ensinando o fonema /d/. Escoitamos o son dun mosquito e tratamos de repetilo. Logo buscamos palabras que leven da-de-di-do-du, contamos as sílabas e marcamos na que leven o fonema estudado.

FONEMA B

En 4 anos, comezamos ensinando o fonema /b/ que equivale ás letras b e v. Escoitamos a serea dun barco e logo repetimos ese son. Logo buscamos palabras que comecen por ba-be-bi-bo-bu, contamos as sílabas con palmadas e marcamos onde levan eses sons.

FONEMA A

En 3 anos comezamos ensinando o fonema A. Escoitamos o seu son e repetímolo. Logo buscamos palabras que comecen por /a/ e asociamos as sílabas a palmadas. Rematamos marcando a sílaba onde vai o /a/.

20 ene 2014

Agora a mover a lingua...

Para os máis peques e os que aínda non teñen moita axilidade lingual, deixo un enlace para practicar na casa.