25 oct 2014

SESIÓN 4 en 5 anos: TARTARUGAS

Hoxe tod@s temos que adiviñar o animal...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Tartarugas".

SESIÓN 4 en 4 anos: TARTARUGAS

Hoxe a adiviña é moito máis sinxela...


Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Tartarugas"

SESIÓN 4 en 3 anos: TARTARUGAS

Na sesión 4 adiviñaremos un animal máis coñecido...

TARTARUGAS






Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria.

19 oct 2014

SESIÓN 3 en 3 anos: ASNOS SALVAXES

Na sesión 3, en 3 anos, traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria partindo do seguinte vídeo e dunha adiviña:

ASNOS SALVAXES 

18 oct 2014

SESIÓN 3 en 4 anos: ASNOS SALVAXES

Na sesión 3 traballaremos unha adiviña dun animal pouco coñecido...




Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Asnos salvaxes"

SESIÓN 3 en 5 anos: ASNOS SALVAXES

Nesta sesión 3 traballaremos a seguinte adiviña:



Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Asnos salvaxes"

13 oct 2014

SESIÓN 2 en 3 anos: GALOS E GALIÑAS

Na sesión 2, en 3 anos, traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria partindo do seguinte vídeo e dunhas adiviñas:

GALOS E GALIÑAS

SESIÓN 2 en 4 anos: GALOS E GALIÑAS

Na sesión 2, traballaremos dúas adiviñas sobre animais domésticos:


Adiviña, adiviñanza
quen puso o ovo
na palla?


Canta cando amence
e volve cantar
cando o día desaparece.

Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Galiñas e galos"

SESIÓN 2 en 5 anos: GALIÑAS E GALOS

Nesta sesión 2 traballaremos as seguintes adiviñas:

Adiviña, adiviñanza
quen puso o ovo
na palla?


Canta cando amence
e volve cantar
cando o día desaparece.

Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Galiñas e galos"

8 oct 2014

COMEZAMOS... 3 anos: A MARCHA DO LEÓN

Hoxe traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria partindo do seguinte vídeo:

MARCHA DEL LEÓN

COMEZAMOS... 4 anos: A MARCHA DO LEÓN

Hoxe traballaremos cunha rima sobre o rei da selva...






Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre o león... a ver quen atopa as mentiras!

6 oct 2014

COMEZAMOS... 5 anos: A MARCHA DO LEÓN

Hoxe traballaremos cunha adiviña sobre o rei da selva...


 Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "A marcha do león".

5 oct 2014

COMEZO CURSO 2014 2015

Xa estamos de volta!!

Neste curso 2014/15 imos utilizar como eixe vertebrador das actividades de estimulación da conciencia fonolóxica a obra musical "El carnaval de los animales" de Camille Saints-Saëns.

Escoitade o inicio desta obra que pouco a pouco iremos coñecendo: