1 dic 2015

4º PAÍS: EGIPTO

Hoxe visitamos o último país antes do Nadal....

http://www.editorialjuventud.es/0777.html

O alumnado de 4 anos traballaremos coa seguinte adiviña:



E co de 5 anos:



3 anos: ASNO SALVAXE

Hoxe toca un animal algo raro...



Traballamos a discriminación auditiva, praxias e sopro co seguinte vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=jQWj3AYpkc0

17 nov 2015

3º PAÍS: EE.UU.

Despois de visitar RUSIA e a República democrática do CONGO... cruzamos o océano Atlántico...

http://www.editorialjuventud.es/0816.html






O alumnado de 4 anos terá que memorizar a seguinte adiviña:



E ao de 5 anos xa temos que pedirlle algo máis complicado:


3 anos: GALOS e GALIÑAS

Nesta sesión "lemos" as seguintes adiviñas, contamos as palabras e falamos de cal é a frase máis longa:





Aproveitamos o seguinte vídeo para traballar a discriminación auditiva, praxias e soplo.

https://www.youtube.com/watch?v=ApnplsG-lhI

3 nov 2015

2º PAÍS: REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO

Despois de visitar Rusia, seguimos con Tintín e paramos nun país moito máis caluroso...
http://www.editorialjuventud.es/0778.html

O alumnado de 4 anos terá que memorizar a seguinte adiviña:




 E o alumnado de 5 anos unha algo máis complexa



Na clase situaremos o país no mapa do Mundo, contaremos o número de palabras, as sílabas de cada palabra e fixarémonos nas que riman (mundo-profundo-tremebundo).

30 oct 2015

CONTAMOS SÍLABAS E IDENTIFICAMOS PALABRAS CON ELAS

  



En 4 anos identificamos as palabras que levan /i/ na sílaba inicial... E contamos as sílabas de palabras que comezan por /i/...


21 oct 2015

DISCRIMINACIÓN PARES CON D-L

Para reforzar a discriminación de palabras con /d/ e /l/ podemos usar o seguinte material:


CONTROLAMOS O SOPRO

O boneco que leva hoxe o alumnado de 3 anos é para traballar o sopro (control, dirección e forza). O sopro inflúe na correcta articulación de case todos os fonemas da nosa fala.
Marc Monfort, no seu libro "El niño que habla" fai referencia a dito boneco.






19 oct 2015

3 anos: O CARNAVAL DOS ANIMAIS

Nas clases de 3 anos imos memorizar adiviñas sobre animais seguindo a secuencia que presenta a obra musical "O carnaval dos animais" de Camille Saint-Saëns.
Nesta primeira sesión "lemos" a adiviña e falamos de cal é a frase máis longa:



Aproveitamos o seguinte vídeo para traballar a discriminación auditiva, praxias e soplo.

https://www.youtube.com/watch?v=qbeytWC6mt8





15 oct 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Esta semana comezamos de novo o taller de estimulación da conciencia fonolóxica nas clases de educación infantil!
Viaxaremos polo mundo descubrindo países da man de Tintín e o seu cadelo Milú. Visitamos un país cada quince días. En total 9 países...


http://www.editorialjuventud.es/3913.html









O alumnado de catro anos ten que memorizar na casa a seguinte adiviña sobre o país número 1...RUSIA





E o alumnado de 5 anos terá que memorizar unha adiviña un pouco máis longa sobre ese primeiro país en visitar... RUSIA


Despois na clase faremos unha ficha na que traballamos o número de palabras de cada frase, eleximos a frase máis longa e a máis curta, contamos con palmadas as sílabas das palabras que riman entre sí e observamos cal é a razón para dicir que dúas palabras riman.
Tamén reforzaremos en 4 anos o fonema /i/ e en 5 anos o fonema /p/.
Xa iremos vendo no blog a progresión deste traballo.


19 feb 2015

AS ESTRELAS

Hoxe traballaremos co poema As estrelas. En tres anos atopamos de qué estrela fala, en 4 anos identificamos a frase que lemos e en 5 anos construímos frases do poema con pictogramas.

https://drive.google.com/file/d/0Bzj28aHVeoUfNGtpY2pqX2Z1c1E/edit?usp=sharing

Seguro que nos rimos moito porque algunha estrela é moi graciosa!

26 ene 2015

FUN AO MERCADO

Neste segundo trimestre imos traballar coa PALABRA: rimas, palabras encadeadas, sílabas, palabras compostas, novas palabras quitando ou engadindo sílabas, etc.

Comezamos cunha canción moi divertida que inclúe rimas.


Canción con Pictogramas elaborada polo CEIP. Plurilingüe "Anxo da Garda", A Coruña 2014. Peza extraída do libro María Fumaça, cantar e bailar para ser máis feliz!!!

7 ene 2015

SESIÓN 12 en 3 anos: CISNE e FINAL

Rematamos co animal máis belo de todos...


Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Cisne" e "Final".

3 ene 2015

SESIÓN 12 en 4 anos: CISNE e FINAL

Rematamos co animal máis belo de todos...






Contamos as palabras, vimos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiamos palabras... e memorizámola!

Tamén escoitamos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Cisne".

E rematamos co "Final", non podía ser doutro xeito.

SESIÓN 12 en 5 anos: CISNE e FINAL

Xa estamos no último animal: o máis belo...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Cisne".

E rematamos co "Final", non podía ser doutro xeito.

SESIÓN 11 en 5, 4 e 3 anos: PIANISTAS E FÓSILES

Nesta sesión descansamos dos animais e imos escoitar como soan as diferentes escalas dun piano e unha melodía moi divertida sobre os fósiles.

Audición "Pianistas".

Audición "Fósiles".

Repasaremos as adiviñas xa memorizadas no pasado trimestre.


SESIÓN 10 en 3 anos: AVIARIO

Rematamos o 1º trimestre con estes animais tan alegres:





Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Aviario".


SESIÓN 10 en 4 anos: AVIARIO

Rematamos o 1º trimestre con estes animais tan alegres...


Contamos as palabras, vimos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiamos palabras... e memorizámola!

Tamén escoitamos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Aviario".