21 feb 2014

FONEMA S

Na clase de 5 anos hoxe toca mirar ao chan... unha serpe chega a saudarnos! ssssssssssssss!

FONEMA L

E xa que chega o entroido imos quentar motores cantando o "la-la-lá" na clase de 4 anos!

FONEMA U

Esta semana nas clases de 3 anos disfrazarémonos de pantasmas! uuuuu!!

9 feb 2014

IDEAS PARA TRABALLAR NA CASA...

Ola! Benvid@s a este blog onde atoparedes o que traballamos cada semana co alumnado de Educación Infantil.

E para que utilizamos as tarxetas? Pois para que na casa busquen algunha palabra que leve o fonema estudado (podemos darlle pistas).



Por exemplo: se estudamos o fonema /d/ temos que buscar algunha palabra con da, do, du, de ou con di. Debuxamos a imaxe (ou pegámola) na tarxeta e despois debuxamos tantos cadrados como sílabas ten a palabra (esto saben facelo asociándoo a palmadas). Por último marcamos a casilla na que vai o fonema /d/.
Se seguimos co exemplo do fonema /d/, imaxinemos que pensamos na palabra "dado". Son dúas palmadas "da-do", e o son /d/ vai nas dúas casillas.

...Podemos debuxar os cadrados ou pegar gomets... Se o alumno/a sabe escribir a palabra pode facelo, pero non é o importante.

7 feb 2014

FONEMA I

Chega un rato á clase de 3 anos! Alguén ten medo?... Tranquis! é algo traveso, nada máis...

FONEMA K

Que barullo na clase de 4 anos! Creo que temos todo un curral esta semana: galiñas, galos, patos,...

FONEMA Z

Chegou unha mosca á clase de 5 anos... será a mosca tse-tsé (espero que non!)