26 ene 2015

FUN AO MERCADO

Neste segundo trimestre imos traballar coa PALABRA: rimas, palabras encadeadas, sílabas, palabras compostas, novas palabras quitando ou engadindo sílabas, etc.

Comezamos cunha canción moi divertida que inclúe rimas.


Canción con Pictogramas elaborada polo CEIP. Plurilingüe "Anxo da Garda", A Coruña 2014. Peza extraída do libro María Fumaça, cantar e bailar para ser máis feliz!!!

7 ene 2015

SESIÓN 12 en 3 anos: CISNE e FINAL

Rematamos co animal máis belo de todos...


Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Cisne" e "Final".

3 ene 2015

SESIÓN 12 en 4 anos: CISNE e FINAL

Rematamos co animal máis belo de todos...






Contamos as palabras, vimos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiamos palabras... e memorizámola!

Tamén escoitamos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Cisne".

E rematamos co "Final", non podía ser doutro xeito.

SESIÓN 12 en 5 anos: CISNE e FINAL

Xa estamos no último animal: o máis belo...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Cisne".

E rematamos co "Final", non podía ser doutro xeito.

SESIÓN 11 en 5, 4 e 3 anos: PIANISTAS E FÓSILES

Nesta sesión descansamos dos animais e imos escoitar como soan as diferentes escalas dun piano e unha melodía moi divertida sobre os fósiles.

Audición "Pianistas".

Audición "Fósiles".

Repasaremos as adiviñas xa memorizadas no pasado trimestre.


SESIÓN 10 en 3 anos: AVIARIO

Rematamos o 1º trimestre con estes animais tan alegres:





Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Aviario".


SESIÓN 10 en 4 anos: AVIARIO

Rematamos o 1º trimestre con estes animais tan alegres...


Contamos as palabras, vimos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiamos palabras... e memorizámola!

Tamén escoitamos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Aviario".