30 oct 2015

CONTAMOS SÍLABAS E IDENTIFICAMOS PALABRAS CON ELAS

  



En 4 anos identificamos as palabras que levan /i/ na sílaba inicial... E contamos as sílabas de palabras que comezan por /i/...


21 oct 2015

DISCRIMINACIÓN PARES CON D-L

Para reforzar a discriminación de palabras con /d/ e /l/ podemos usar o seguinte material:


CONTROLAMOS O SOPRO

O boneco que leva hoxe o alumnado de 3 anos é para traballar o sopro (control, dirección e forza). O sopro inflúe na correcta articulación de case todos os fonemas da nosa fala.
Marc Monfort, no seu libro "El niño que habla" fai referencia a dito boneco.






19 oct 2015

3 anos: O CARNAVAL DOS ANIMAIS

Nas clases de 3 anos imos memorizar adiviñas sobre animais seguindo a secuencia que presenta a obra musical "O carnaval dos animais" de Camille Saint-Saëns.
Nesta primeira sesión "lemos" a adiviña e falamos de cal é a frase máis longa:



Aproveitamos o seguinte vídeo para traballar a discriminación auditiva, praxias e soplo.

https://www.youtube.com/watch?v=qbeytWC6mt8





15 oct 2015

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Esta semana comezamos de novo o taller de estimulación da conciencia fonolóxica nas clases de educación infantil!
Viaxaremos polo mundo descubrindo países da man de Tintín e o seu cadelo Milú. Visitamos un país cada quince días. En total 9 países...


http://www.editorialjuventud.es/3913.html









O alumnado de catro anos ten que memorizar na casa a seguinte adiviña sobre o país número 1...RUSIA





E o alumnado de 5 anos terá que memorizar unha adiviña un pouco máis longa sobre ese primeiro país en visitar... RUSIA


Despois na clase faremos unha ficha na que traballamos o número de palabras de cada frase, eleximos a frase máis longa e a máis curta, contamos con palmadas as sílabas das palabras que riman entre sí e observamos cal é a razón para dicir que dúas palabras riman.
Tamén reforzaremos en 4 anos o fonema /i/ e en 5 anos o fonema /p/.
Xa iremos vendo no blog a progresión deste traballo.