8 dic 2014

SESIÓN 10 en 5 anos: AVIARIO

Xa estamos rematando, o penúltimo animal é moi sinxelo...


Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Aviario".

1 dic 2014

SESIÓN 9 en 3 anos: CUCO

Hoxe será moi difícil adiviñar este animal...







Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "O Cucú no fondo do bosque".

A maiores traballaremos a atención e memoria co xogo de Eugenia Romero "Adivina que ha cambiado".

SESIÓN 9 en 4 anos: CUCO

Hoxe temos un animal difícil de adiviñar...


Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatiza "O Cucú no fondo do bosque".

SESIÓN 9 en 5 anos: CUCO

 Hoxe toca un animal un pouco máis raro...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "O Cucú no fondo do bosque"