8 dic 2014

SESIÓN 10 en 5 anos: AVIARIO

Xa estamos rematando, o penúltimo animal é moi sinxelo...


Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Aviario".

1 dic 2014

SESIÓN 9 en 3 anos: CUCO

Hoxe será moi difícil adiviñar este animal...







Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "O Cucú no fondo do bosque".

A maiores traballaremos a atención e memoria co xogo de Eugenia Romero "Adivina que ha cambiado".

SESIÓN 9 en 4 anos: CUCO

Hoxe temos un animal difícil de adiviñar...


Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatiza "O Cucú no fondo do bosque".

SESIÓN 9 en 5 anos: CUCO

 Hoxe toca un animal un pouco máis raro...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "O Cucú no fondo do bosque"

24 nov 2014

SESIÓN 8 en 3 anos: PERSONAXES CON LONGAS ORELLAS

Moi fácil...






Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Personaxes con longas orellas".

A maiores traballaremos a atención e memoria co xogo de Eugenia Romero "¿Qué animal falta?".

SESIÓN 8 en 4 anos: PERSONAXES DE ORELLAS LONGAS

Hoxe escoitaremos un animal moi coñecido...






Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatiza "Personaxes de longas orellas"

SESIÓN 8 en 5 anos: PERSONAXES DE ORELLAS LONGAS

A ver, a ver...


Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Personaxes de orellas longas"

15 nov 2014

SESIÓN 7 en 3 anos: ACUARIO

Todos xuntos coma os...






Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Acuario".

A maiores adiviñaremos a resposta correcta a unhas preguntas e inventaremos novas respostas válidas en: adiviñas Eugenia Romero.

SESIÓN 7 en 4 anos: ACUARIO

Atención!!! non corre, non voa, non salta...


Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Acuario".

SESIÓN 7 en 5 anos: ACUARIO

Nin andan, nin voan, nin corren, nin saltan...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Acuario"

11 nov 2014

SESIÓN 6 EN 3 anos: CANGUROS

Imos saltar coma os...



Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria e dramatizaremos a música de "Canguros".

A maiores aprenderemos e trataremos de adiviñar o vocabulario do outono.


SESIÓN 6 en 4 anos: CANGUROS

Un animal moi simpático...


Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Canguros".

SESIÓN 6 en 5 anos: CANGUROS

Hoxe tócanos un animal moi simpático...



 Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Canguros"

3 nov 2014

SESIÓN 5 en 5 anos: ELEFANTE

A adiviña é longa pero moi, moi fácil...





Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Elefante"

SESIÓN 5 en 4 anos: ELEFANTE

Moi fácil, mooooooooi...






Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Elefante".

SESIÓN 5 en 3 anos: ELEFANTE

Este animal é moooooi coñecido e moooooi....

ELEFANTE






Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria.

A maiores aprenderemos e trataremos de adiviñar os sons dos instrumentos musicais.

25 oct 2014

SESIÓN 4 en 5 anos: TARTARUGAS

Hoxe tod@s temos que adiviñar o animal...






Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Tartarugas".

SESIÓN 4 en 4 anos: TARTARUGAS

Hoxe a adiviña é moito máis sinxela...


Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Tartarugas"

SESIÓN 4 en 3 anos: TARTARUGAS

Na sesión 4 adiviñaremos un animal máis coñecido...

TARTARUGAS






Traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria.

19 oct 2014

SESIÓN 3 en 3 anos: ASNOS SALVAXES

Na sesión 3, en 3 anos, traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria partindo do seguinte vídeo e dunha adiviña:

ASNOS SALVAXES 

18 oct 2014

SESIÓN 3 en 4 anos: ASNOS SALVAXES

Na sesión 3 traballaremos unha adiviña dun animal pouco coñecido...




Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Asnos salvaxes"

SESIÓN 3 en 5 anos: ASNOS SALVAXES

Nesta sesión 3 traballaremos a seguinte adiviña:



Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Asnos salvaxes"

13 oct 2014

SESIÓN 2 en 3 anos: GALOS E GALIÑAS

Na sesión 2, en 3 anos, traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria partindo do seguinte vídeo e dunhas adiviñas:

GALOS E GALIÑAS

SESIÓN 2 en 4 anos: GALOS E GALIÑAS

Na sesión 2, traballaremos dúas adiviñas sobre animais domésticos:


Adiviña, adiviñanza
quen puso o ovo
na palla?


Canta cando amence
e volve cantar
cando o día desaparece.

Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre estes animais... a ver quen atopa as mentiras!

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Galiñas e galos"

SESIÓN 2 en 5 anos: GALIÑAS E GALOS

Nesta sesión 2 traballaremos as seguintes adiviñas:

Adiviña, adiviñanza
quen puso o ovo
na palla?


Canta cando amence
e volve cantar
cando o día desaparece.

Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "Galiñas e galos"

8 oct 2014

COMEZAMOS... 3 anos: A MARCHA DO LEÓN

Hoxe traballaremos a discriminación auditiva, praxias e memoria partindo do seguinte vídeo:

MARCHA DEL LEÓN

COMEZAMOS... 4 anos: A MARCHA DO LEÓN

Hoxe traballaremos cunha rima sobre o rei da selva...






Contaremos as palabras, veremos que frase é máis longa e cal máis curta, cambiaremos palabras... e memorizarémola!

Tamén escoitaremos verdades e mentiras sobre o león... a ver quen atopa as mentiras!

6 oct 2014

COMEZAMOS... 5 anos: A MARCHA DO LEÓN

Hoxe traballaremos cunha adiviña sobre o rei da selva...


 Contamos as palabras, comparamos que frase é máis longa e cal máis curta, modificamos algunha palabra con outra nova e estudaremos a adiviña... A ver se na casa, despois, acertan...

Todo isto despois de escoitar e dramatizar "A marcha do león".

5 oct 2014

COMEZO CURSO 2014 2015

Xa estamos de volta!!

Neste curso 2014/15 imos utilizar como eixe vertebrador das actividades de estimulación da conciencia fonolóxica a obra musical "El carnaval de los animales" de Camille Saints-Saëns.

Escoitade o inicio desta obra que pouco a pouco iremos coñecendo:

31 may 2014

BINGO DO VERÁN

Hoxe imos xogar ao bingo do verán. Con 4 láminas de vocabulario do verán imos xogar ao bingo e o alumnado terá que construír unha frase con cada palabra que lles toque. Imos complicando a actividade según a idade; en 3 anos calquera frase vale, en 4 anos ten que ter 5 palabras e en 5 anos ademáis de ter 5 palabras debe empezar por unha que lle dou eu... Ánimo!
Usaremos un material xa elaborado (en castelán) de Lola Navas con pictogramas de Sergio Palao (ARASAAC) LICENCIA CC (BY-NC-SA)

OS SONS DO VERÁN

29 may 2014

POETAS DO AMARO

Despois de estudar as estrofas do poema AS ESTRELAS, construímos as mesmas con pictogramas e recitámolas para toda a clase!

25 may 2014

PICTOFRASES 5-I

En 5 anos algo máis difícil... Construiremos as estrofas do poema das Estrelas detrás dos debuxos que fixeron a semana pasada.

PICTOFRASES 4-I

En 4 anos imos escoitar o conto do Patito Feo con pictogramas de apoio. Contaremos as palabras de cada frase e inventaremos novas frases con palabras do conto (no Pictotraductor).

http://www.pictocuentos.com/

24 may 2014

PICTOFRASES 3-I

En 3 anos imos ver unhas fotos e descubrir quén ten a frase correspondente...

https://docs.google.com/presentation/d/1Qn1Wc0DiKfMoYRDgXh50LaBy4lS37TTaX0I1yX5-na0/edit?usp=sharing

10 may 2014

Debuxamos seguindo instrucións I

Partindo deste debuxo imos "dar ordes" e veremos que obra de arte resulta...




Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: http://catedu.es/arasaac/ Licencia: CC (BY-NC-SA)

2 may 2014

FRASES3 I

Este luns imos inventar frases coa axuda do PICTOTRADUCTOR...

http://www.pictotraductor.com/





Contaremos o número de palabras e intentaremos que estén entre 3 e 6. Despois colgaremos o resultado.

Tamén xogaremos a atopar ABSURDOS en frases que temos que ler entre todos. E a completalas con palabras que sí teñan sentido...

https://docs.google.com/presentation/d/1EjkVsMOeE0dt9CRKsb63H-_2htD6ca-oPdAt-aA-IW4/edit?usp=sharing 

Por último traballaremos a memoria e a comprensión cunha adaptación do material de Lola García Cucalón. O alumnado escoita unha frase (lémoslla en galego) e ten que elexir, entre dous, o debuxo que se relaciona coa mesma. 

https://drive.google.com/file/d/0Bzj28aHVeoUfdi1aRHQydktOUTQ/edit?usp=sharing


ESCOITAR E ELEXIR DEBUXO ENTRE 2



https://drive.google.com/file/d/0Bzj28aHVeoUfdi1aRHQydktOUTQ/edit?usp=sharing

FRASES5 I

Este luns imos inventar frases coa axuda do PICTOTRADUCTOR...

http://www.pictotraductor.com/

Contaremos o número de palabras e intentaremos que estén entre 5 e 15. Despois colgaremos o resultado.

Tamén xogaremos a atopar ABSURDOS en frases que temos que ler entre todos. E a completalas con palabras que sí teñan sentido...


https://docs.google.com/presentation/d/1YbycTSdMGbwi6iPPuhDHAhwmT0YQbiPv2-DrBLSFSvw/edit?usp=sharing

Por último traballaremos a memoria e a comprensión cun material de Lola García Cucalón. O alumnado escoita unha frase (lémoslla en galego) e ten que elexir, entre tres, o debuxo que se relaciona coa mesma.

https://docs.google.com/presentation/d/1YbycTSdMGbwi6iPPuhDHAhwmT0YQbiPv2-DrBLSFSvw/edit?usp=sharing

ABSURDOS 3-I

Traballamos os absurdos no obxecto directo. Atopámolos e evocamos outros que sí sexan coherentes.

ABSURDOS 5-I

Traballamos aquí os absurdos no OI e nalgún CCL. Atopámolos e logo evocamos outros que sí sexan coherentes.

ABSURDOS 4-I

Traballamos aquí os absurdos no CCL. Atopámolos e logo evocamos outros que sí sexan coherentes.

ESCOITAR E ELEXIR DEBUXO ENTRE 3

https://docs.google.com/document/d/1_NGMXpq1QjXptiw2q47PSQnhYkb0ECQmwhIW11fF83Y/pub

FRASES4 I

Este luns imos inventar frases coa axuda do PICTOTRADUCTOR...

http://www.pictotraductor.com/


Contaremos o número de palabras e intentaremos que estén entre 3 e 10. Despois colgaremos o resultado.

Tamén xogaremos a atopar ABSURDOS en frases que temos que ler entre todos. E a completalas con palabras que sí teñan sentido...

https://docs.google.com/presentation/d/1gfUOwY7SBaW1e5Wh3QkfoTDtM2P_dmWO2yWVJyxy8NQ/edit?usp=sharing

Por último, traballaremos a memoria e a comprensión cun material de Lola García Cucalón. O alumnado escoita unha frase (lémoslla en galego) e ten que elexir, entre tres, o debuxo que se relaciona coa mesma.

https://drive.google.com/file/d/0Bzj28aHVeoUfaGlTaWhCcmdUbm8/edit?usp=sharing





25 abr 2014

Repasamos a conciencia silábica

Hoxe, en 5 anos, imos xogar coas sílabas e as palabras... pero sen escribir nin unha letra! Preparade o coco que Ana Belén Sobrados Almazán vainos axudar...

XOGOS VARIADOS DE CONCIENCIA SILÁBICA

8 abr 2014

EN 3 ANOS SAUDAMOS SOPRANDO!

Menudos pulmóns este alumnado de 3 anos! Xenial! Ninguén quedou sen levantar a man soprando... Collemos o aire polo nariz e...ARRIBA! Unha idea xenial do blog de Ideas de AL y PT






3 abr 2014

CONCIENCIA SILÁBICA. IRENE OCAÑA

Como en 5 anos xa rematamos cos fonemas, hoxe imos a darlle un pouco ao coco coas actividades de Irene Ocaña. Fabulosas!

Conciencia silábica I

Conciencia silábica II

Conciencia silábica III

FONEMA F

En 4 anos temos que preparar ben os pulmóns... toca soprar mooooi forte... para derribar unha porta: FFFFFFF!

FONEMA T

Hoxe en 3 anos toca mirar cara o ceo... chega un helicóptero: TUTUTUTUTUTUTUTUTU!!!

30 mar 2014

FONEMA R (forte)

Preparados para vibrar a lingua?? Hoxe escoitaremos e buscaremos o son dos teléfonos antigos: RRRRRR!

FONEMA N

Tranquis! Non temos ningunha urxencia! É que chega a ambulancia á clase de 4 anos: nino-nino-nino!!!

FONEMA G

En 3 anos imos facer de bebés... como dicimos? gu-gú!

23 mar 2014

FONEMA P

Hoxe escoitamos o atasco nunha cidade!! Preparado o alumnado de 3 anos????

21 feb 2014

FONEMA S

Na clase de 5 anos hoxe toca mirar ao chan... unha serpe chega a saudarnos! ssssssssssssss!

FONEMA L

E xa que chega o entroido imos quentar motores cantando o "la-la-lá" na clase de 4 anos!

FONEMA U

Esta semana nas clases de 3 anos disfrazarémonos de pantasmas! uuuuu!!

9 feb 2014

IDEAS PARA TRABALLAR NA CASA...

Ola! Benvid@s a este blog onde atoparedes o que traballamos cada semana co alumnado de Educación Infantil.

E para que utilizamos as tarxetas? Pois para que na casa busquen algunha palabra que leve o fonema estudado (podemos darlle pistas).



Por exemplo: se estudamos o fonema /d/ temos que buscar algunha palabra con da, do, du, de ou con di. Debuxamos a imaxe (ou pegámola) na tarxeta e despois debuxamos tantos cadrados como sílabas ten a palabra (esto saben facelo asociándoo a palmadas). Por último marcamos a casilla na que vai o fonema /d/.
Se seguimos co exemplo do fonema /d/, imaxinemos que pensamos na palabra "dado". Son dúas palmadas "da-do", e o son /d/ vai nas dúas casillas.

...Podemos debuxar os cadrados ou pegar gomets... Se o alumno/a sabe escribir a palabra pode facelo, pero non é o importante.

7 feb 2014

FONEMA I

Chega un rato á clase de 3 anos! Alguén ten medo?... Tranquis! é algo traveso, nada máis...

FONEMA K

Que barullo na clase de 4 anos! Creo que temos todo un curral esta semana: galiñas, galos, patos,...

FONEMA Z

Chegou unha mosca á clase de 5 anos... será a mosca tse-tsé (espero que non!)

25 ene 2014

FONEMA LL

Coidado en 5 anos! O luns 27 teremos unha abella na clase! E chega con ganas de picar!! Escoitade... /ll-ll-ll-ll-/

FONEMA M

Mmmmmm... o luns 27 comezamos co alumnado de 4 anos saboreando este fonema... o fonema /m/

FONEMA O

O luns 27 traballaremos nas clases de 3 anos o fonema /O/. Atentos!... Papá Noel anda por aquí!

FONEMA D

En 5 anos, comezamos ensinando o fonema /d/. Escoitamos o son dun mosquito e tratamos de repetilo. Logo buscamos palabras que leven da-de-di-do-du, contamos as sílabas e marcamos na que leven o fonema estudado.

FONEMA B

En 4 anos, comezamos ensinando o fonema /b/ que equivale ás letras b e v. Escoitamos a serea dun barco e logo repetimos ese son. Logo buscamos palabras que comecen por ba-be-bi-bo-bu, contamos as sílabas con palmadas e marcamos onde levan eses sons.

FONEMA A

En 3 anos comezamos ensinando o fonema A. Escoitamos o seu son e repetímolo. Logo buscamos palabras que comecen por /a/ e asociamos as sílabas a palmadas. Rematamos marcando a sílaba onde vai o /a/.

20 ene 2014

Agora a mover a lingua...

Para os máis peques e os que aínda non teñen moita axilidade lingual, deixo un enlace para practicar na casa.