9 feb 2014

IDEAS PARA TRABALLAR NA CASA...

Ola! Benvid@s a este blog onde atoparedes o que traballamos cada semana co alumnado de Educación Infantil.

E para que utilizamos as tarxetas? Pois para que na casa busquen algunha palabra que leve o fonema estudado (podemos darlle pistas).



Por exemplo: se estudamos o fonema /d/ temos que buscar algunha palabra con da, do, du, de ou con di. Debuxamos a imaxe (ou pegámola) na tarxeta e despois debuxamos tantos cadrados como sílabas ten a palabra (esto saben facelo asociándoo a palmadas). Por último marcamos a casilla na que vai o fonema /d/.
Se seguimos co exemplo do fonema /d/, imaxinemos que pensamos na palabra "dado". Son dúas palmadas "da-do", e o son /d/ vai nas dúas casillas.

...Podemos debuxar os cadrados ou pegar gomets... Se o alumno/a sabe escribir a palabra pode facelo, pero non é o importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario